Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Programa de Radio en Cuac FM

Organizado pola Asociación de veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, dentro do seu proxecto "Barrios 2030: Fomento da participación cidadá a través dos ODS"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Aceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 16.00 ás 18.00 h

Duración:

2 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Cunha periodicidade quincenal organizamos un programa de radio na Biblioteca Fórum instalando unha mesa dende a que difundiremos os ODS, invitaremos a persoas referentes en sostibilidade e a veciños e veciñas para promover hábitos de vida sostibles. Dende o programa realizarase toda a divulgación e invitaremos a cidadanía a participar nas diferentes actividades do proxecto.

O programa emitirase no 103.4 da FM para a área da Coruña e en streaming a través de https://cuacfm.org/directo/.

Así mesmo realizarase un importante esforzo na difusión dos programas realizados sumando esforzos na gravación e edición para a súa posterior publicación en diferentes redes sociais para multiplicar a difusión.

CALENDARIO:

12/09: Persoas (Falaremos de temas sociais do noso barrio)

26/09: Planeta (Aspectos medioambientais coa colaboración co CEIDA)

10/10: Prosperidade (Aspectos económicos, emprego, cidade...)

24/10: Paz (Gobernanza e espazo especial para a cultura)

14/11: Partnership/Alianzas (Asociacionismo no noso de barrio)

28/11: Resumo final

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión