Proxección das curtametraxes "479" e "Esperanza"
Para público en xeral
17/04/2017
Xa rematou
19.30 h - Sala Fernando Rey (Cines Fórum Metropolitano)
30 min
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Gratuíta (ata completar capacidade)
Curtametraxe 479:
Duración: 7 minutos.
Ano: 2017.
Localización: Miño (A Coruña)
Guión e dirección: Ibon Uzkudun.
Repartición: Pablo Pose e Ibon Uzkudun.
Director de fotografía e montaxe: Antón Pose.
Dirección musical: Miguel Arthus.
Produción executiva: North Side Media.
Sinopse: É o encontro de dous homes cun pasado en común aínda que moi distantes entre si. Un diálogo intenso no que teñen cabida todo tipo de emocións, as boas e as malas. Unha historia que engancha desde o primeiro plano e que atrapa o espectador dentro dunha arañeira no que as voltas son continuas antes de chegar a un inesperado desenlace. Dous rexistros de personaxes tan reais como a súa propia irrealidade. Unha mensaxe tan actual como a súa propia necesidade.
Maiores de 16 anos
Curtametraxe ESPERANZA:
Duración: 18 minutos.
Ano: 2017.
Localización: Abegondo (A Coruña)
Guión e dirección: Ibon Uzkudun.
Repartición: Pablo Pose, Ibon Uzkudun e Paula Cereixo.
Director de fotografía e montaxe: Antón Pose.
Dirección musical: Miguel Arthus.
Produción executiva: North Side Media.
Sinopse: A esperanza é o último que se perde. Custe o que custe. Historia que retrata a dura realidade dunha contorna rural onde os misterios poden chegar a morrer como tales e onde cada personaxe se entregará en corpo e alma para demostrar amor, amizade e infinita fidelidade cara a quen sente preto. Unha de moitas, nas que a recompensa ten unha peaxe incerta.
Maiores de 16 anos.

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible