Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Proxección | Special Screening. Reunión

Na edición de 2018 de INPUT, espazo de titorización e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, Reunión, de Ilan Serruya, foi un dos proxectos elixidos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2019

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Duración:

65 min

Enderezo:

CGAI - Centro Galego de Artes dá Imaxe. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

de balde

Uns meses despois, rematouse a película e tivo a súa estrea internacional en DocLisboa. Na edición de 2019 queremos pechar este ciclo compartindo co noso público a película rematada, que será presentada polo seu autor. Un proxecto que acabou de cristalizar á calor de INPUT e que exemplifica o que pensamos que é o propósito desta convocatoria.

REUNIÓN

Ilan Serruya, España, 2018, vídeo, 65 min. Cun suspense emocional sostido, tomándose o seu tempo e a súa distancia, con paciencia e á vez con intensidade, Reunión propón un encontro longamente postergado, enmarcado pola paisaxe abrupta da Illa Reunión nun irónico xogo de palabras. Neste encontro do director co seu pai nun intento por retomar o que parece un diálogo imposible, cercado por feridas non cicatrizadas. E os días parecen ir cedendo ante esa vexetación, esas rochas e esa piscina, nos que os silencios e os corpos falan con inusitada elocuencia.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión