Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Proxecto VINTE. Conmemoración do 20 aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso

O Concello desenvolve visitas teatralizadas e roteiros para recordar a estadía do xoven Picasso na Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/02/2023 ata o 30/12/2023

Enderezo:

Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

O Concello da Coruña desenvolve desde o venres 3 de febreiro os roteiros e visitas teatralizadas para recordar a estadía na nosa cidade de Pablo Ruíz Picasso. A iniciativa, englobada no denominado proxecto VINTE, enmarcase dentro da celebración do Ano Picasso.

Desenvolto pola compañía teatral coruñesa Os Náufragos Teatro, o proxecto VINTE propón recuperar para a cidadanía coruñesa a memoria do territorio habitado polo pequeno Picasso durante a súa estadía na Coruña, intervindo por medio das artes escénicas os principais espazos que marcaron a súa vida na nosa cidade. Ademáis, permite conmemorar o 20 aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso da Coruña, celebración que tivo lugar o pasado 18 de decembro.

O proxecto VINTE parte da idea de que o meirande tesouro picassiano que A Coruña posúe é inmaterial. Está constituído polos espazos que o pequeno Pablo Ruiz habitou na nosa cidade durante un curto, mais intenso, período de tempo (entre os anos 1891 e 1895) e que o marcarían para sempre.

Partindo desta base, o proxecto desenvolverá as súas actividades escénicas o venres 3 de febreiro nalgúns dos máis importantes enclaves relacionados co Picasso coruñés, centrando o protagonismo na que foi, precisamente, a vivenda familiar dos Ruiz Picasso na Coruña: a hoxe Casa Museo Picasso.

Varias accións teatrais, unha peza performática con elementos musicais e visuais e un percorrido teatralizado pola cidade serán os catro eixos de acción desta proposta cultural participativa, coa que se pretende construir unha realidade ficcionada do paso do pequeno Pablo Ruiz pola Coruña e achegar á cidadanía coruñesa unha nova lectura deste aínda pouco coñecido territorio picassiano coruñés.

As actividades darán inicio o venres 3 de febreiro ás 17.30 horas nas proximidades do Teatro Rosalía de Castro (Rúa Riego de Agua, 15), comezando precisamente cun roteiro polos puntos da cidade relacionados con Picasso que terá, como última parada, a propia Casa Museo, na que se desenvolverán o resto de actividades escénicas, repartidas polos distintos andares do edificio.

Para poder participar na visita pola Casa Museo Picasso, pódese facer a inscrición a través do correo electrónico osnaufragosteatro@gmail.com, ou enviando unha mensaxe directa en Instagram a @osnaufragosteatro.

Tanto o roteiro como as visitas teatralizadas na Casa Museo Picasso repetiranse ao longo deste ano de celebracións relacionadas co pintor, de tal maneira que o 8 de abril, día que se cumpren 50 anos da súa morte, e o 20 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, volverán a desenvolverse a cargo dos integrantes de Os Náufragos Teatro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión