Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Punto de conto: Bbencontros de verán

Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias. Especial Bebencontro de verán coa colaboración de "Un punto curioso".

A quen vai dirixido?:

Bebés de 0-3 anos

A quen vai dirixido:

Bebés, Familias

Cando:

28/08/2026

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/08/2026 ata o 28/08/2026

Require inscrición

Horario:

Das 11.30 ás 12.30 horas

Duración:

1

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

981 184 298

Encontros de lectura en familia.

O próximo 28 de agosto ás 11.30 h temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un especial Bebencontro de verán coa colaboración de "Un punto curioso".

Un espazo para que as familias con bebés de 0 a 3 anos descubran o pracer de compartir libros e momentos de lectura cos seus fillos e fillas. Achegaremos as familias ao mundo dos libros e ofrecerémoslles recursos e ideas para facer da lectura unha experiencia compartida dende os primeiros anos de vida.

Porque ler cos bebés é moito máis que contar un conto: é mirar, escoitar, falar, cantar, xogar e crear vínculos a través das palabras e das historias. No fogar é onde a lectura atopa o seu espazo, e as familias son os primeiros modelos lectores dos seus fillos e fillas.

Desde as bibliotecas queremos acompañarvos e facilitar que ese espazo estea cheo de libros, historias e momentos para compartir.

Tamén che pode interesar...

  • Canta buguina

    Bebescena outono 2026: Canta, buguina, canta!, Marta Ortiz

    Cando:

    Dende o 08/11/2026 ata o 08/10/2026

  • Aburrimento

    Aburrimento

    Cando:

    08/10/2026

  • talleres

    LVIII Aniversario do museo Arqueolóxico Castelo de San Antón

    Cando:

    10/10/2026

    Inscricións:

    O prazo de inscricións abrirase o mércores día 5 de outubro ás 10.00 h. e cada actividade terá un enlace a través de ticketing para a reserva.

  • Bebeteca Ágora

    Bebencontros: Spooky Season (0-24 meses)

    Cando:

    10/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/10/2026 ata o 09/10/2026

    Require inscrición.

  • Contos na pel, de Alma Blanco

    "Contos na pel", de Alma Blanco

    Cando:

    13/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 09/10/2026 ata o 13/10/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 18 a 35 meses (ata xusto o día antes de cumprir os 3 anos),  acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Pídese que as familias que se inscriban traian unha toalla, unha muselina ou algo similar, xa que se vai empregar na proposta.

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Bebeteca

    Bebencontros: 1ª sesión (0-12 meses)

    Cando:

    17/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/10/2026 ata o 16/10/2026

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión