Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Quico Comesaña + Grupo en concerto

O Teatro Rosalía comunica o APRAZAMENTO do concerto de Quico Comesaña. A nova data é o vindeiro 22 de setembro. As entradas previamente adquiridas serán válidas para a nova data. Aquelas persoas que non poidan asistir na nova data poderán solicitar a devolución do importe pola mesma canle de compra. Desde Mirmidón Producións lamentan as molestias ocasionadas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/06/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez comezado o evento non se accederá á sala

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

16'00, 13'00 € (desconto do 20 % para carné Xove, + 65 anos, desempregados; 25 % para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

"Mãe", o seu primeiro traballo discográfico en solitario.

Trátase dunha obra conceptual que xira arredor da defensa e o respecto á natureza, onde se expoñen diferentes lugares e vivencias da infancia e adolescencia do músico relacionadas co mundo natural. Inclúe catro suites instrumentais de aproximadamente 10 minutos cada unha independentes entre si, onde varias melodías actúan como nexo entre elas, aparecendo cada certo tempo sobre diferentes harmonías, ambientes ou texturas, que evocan espazos e sensacións a partir das principais influencias musicais asimiladas durante a adolescencia. Mãe representa a todo ser coa capacidade de procrear vida, desde a máis pequena das criaturas ata o planeta mesmo (Gaia). É unha homenaxe ao feito feminino.Quico Comesaña, alicerce do folk galego, volve aos escenarios con este singular espectáculo, unha obra impresionante que non deixará indiferente a ninguén.

Estará acompañado por unha banda integrada por Carmen Gallego (violín, nyckelharpa), Marcos Padrón (acordeón), Paula Oanes (arpa céltica) e Leandro Deltell (percusións).

Venda de entradas

Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función desde as 16.00 h

Televenda

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión