Este sábado 19 de xaneiro ás 20.30 na Fundación Luís Seoane terá lugar na Coruña un evento único, un espectáculo de radio ao vivo con conexións á vida da emigración americana rememorando á locutora máis recoñecida pola comunidade galega na diáspora arxentina: Maruxa Boga e o seu programa Recordando a Galicia que se emitiu en Bos Aires durante máis de 30 anos na segunda metade do s.XX.
Para público en general
19/01/2019
Ya ha finalizado
20:00 h
Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña
de balde
Difundía e poñía en valor a música e a cultura galegas nun dos programas con maior audiencia na emigración.
Desde Galicia Emigrante de Luis Seoane a Recordando a Galicia de Maruxa Boga, o espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación, ou a crítica.
Afondando nas figuras da locutora e actriz Maruxa Boga e mais do pintor, escritor e locutor Luis Seoane, a xornalista María Xosé Porteiro, como unha Maruxa Boga dos nosos días, será a encargada de guiar o programa. As convidadas a este programa especial serán Yolanda Castaño, Luz Darriba, Manuel Lourenzo, Xesús Blanco e Quique Peón que achegarán o seu pensamento, e se intercalará coa participación musical en directo de Ugia Pedreira, o dúo poético-musical de Marina Oural e Chefa Alonso, e o gaiteiro Óscar Ibáñez.
é un espectáculo ao vivo que vai ser gravado en formato de podcast que se pendurará posteriormente, poderase tamén escoitar en diferido esta Galiza que se move por un océano de versos, tintas, pinturas e pensamentos.

06/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

10/04/2026

11/04/2026

14/04/2026
Desde el 10/04/2026 hasta el 14/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

17/04/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible