Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Reabre o Faro de Oza

Primeiro espazo TEU de uso puntual

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/10/2018 ata o 07/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade (50 persoas)

Horario:

De 13:00 h a 21:00 h do día 6 e de 12:00 h a 20:00 h do día 7

Enderezo:

Faro de Oza. Lugar Playa de Oza 1. 15006 A Coruña

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Tel.: 981 184 255

Correo electrónico: participacion@coruna.es

O sábado 6 de outubro inaugúrase o Faro de Oza como primeiro espazo TEU, un conxunto de espazos que o Concello destinará a uso cidadán.

PROGRAMA

Sábado, 6 de outubro de 2018

Portas abertas de 13.00 a 21.00 horas

13:00 - 13:30 Benvida e apertura: "Se este faro falase", monólogo con Isabel Risco
13.30 Visita libre
17:00 - 18:00 "Seica en Oza...". Obradoiro lúdico-literario con Antía Amarante e Antonio M. Fraga. Maiores de 14 anos
17:00 - 19:00 "Mi madriña querida!". Obradoiro de papiroroflexia e contos con Palmira Castro. Todas as idades
18:00 - 19:30 "Memorias de area e salitre". Coloquio veciñal
20:00 - 21:00 "Aldaolado. Cría fama e bótate a correr". Recital musical dende a terraza do faro con Lucía Aldao e María Lado

Domingo, 7 de outubro de 2018

Portas abertas de 12.00 a 20.00 horas

Todo o día "Trazos do faro". Encontro de debuxantes urbanos da Coruña e Santiago que recollerán durante todo o día as escenas que atopen.
11:00 - 12:30 Paseo entre nasas coa Confraría de Pescadores. Saída do acceso ao peirao de Oza
13:00 - 14:00 Soplo, recital de voz e contrabaixo con Paula Pintos e Risto Voulanne na Capela de Santa María de Oza
14:00 Xantar popular. Merendiña na contorna do faro
17:00 - 18:00 "Seica en Oza...". Obradoiro lúdico-literario con Antía Amarante e Antonio M. Fraga. Maiores de 14 anos
18:00 - 19:00 "Conectando dende o Faro" coa Unión de Radioaficionados da Coruña

COMO ACCEDER

A inscrición previa non é necesaria. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade (50 persoas). Nos obradoiros a capacidade máxima é de 20 persoas. Os pases para cada actividade programada daranse 30 minutos antes do seu inicio.

NOTA: O acceso peonil ao faro, pola súa configuración, o ano de construción e a súa protección patrimonial, ten un tramo de escaleiras que presenta dificultades para persoas con mobilidade reducida.

Documentos relacionados

  • Programa de actividades (8 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión