Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Recuncho de xogo en Semana Santa

Do luns a mércores de Semana Santa, terá lugar no Centro Cívico Municipal Monelos unha actividade lúdica dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, en horario ampliado de 9.00 a 14.30 horas.

A quen vai dirixido?:

Menores entre 4 e 12 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 26/03/2018 ás 09:00 , 27/03/2018 ás 09:00 , 28/03/2018 ás 09:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/03/2018 ata o 06/03/2018

O horario da preinscrición será de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Horario:

9.00 a 14.30 horas

Enderezo:

Centro Cívico Monelos. Avda. de Monelos 2. 15008 A Coruña

Prezo:

11 €

Requisitos:

Ter a idade requirida para a actividade no momento da preinscrición (entre 4 e 12 anos)

Realizar a preinscrición no prazo establecido no Centro Cívico Municipal de Monelos

Formalizar a inscrición e o pago da actividade no prazo establecido no caso dos/as admitidos/as na actividade.

Organiza:

Centro Cívico Municipal de Monelos

Contacto:

No teléfono 981 189 817, ou no Centro Cívico Municipal de Monelos

As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición no Centro Cívico Municipal de Monelos os días 3, 5 e 6 de marzo (sábado, luns e martes) en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Sorteo: 6 de marzo, ás 20.15 horas no propio Centro Cívico de Monelos

Publicación das listas de persoas admitidas e de espera: 19 de marzo

Inscrición e pago: 20, 21 e 22 de marzo (martes, mércores e xoves), en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Custo: 11 €

Para todos os centros cívicos ofértanse 10 prazas para nenos/as con necesidades educativas especiais ou discapacidade en grao que nos lles impida participar en actividades co grupo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión