Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Recuncho do xogo" de Semana Santa no Centro Cívico Labañou

Espazo de actividades lúdicas infantís durante a Semana Santa. Aprenderemos sobre a astronomía e as estrelas a través de obradoiros, xogos e dinámicas participativas.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos entre 4 e 12 anos no momento da inscrición

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 03/04/2023 ata o 05/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/03/2023 ata o 29/03/2023

A admisión farase por orde de chegada ao realizar a inscrición.

O horario será o de apertura do centro cívico.

Horario:

10.00 a 13.30 h

Horario ampliado de 09.00 a 14.30 horas

Enderezo:

Centro Cívico Labañou. Grupo Viviendas Nuestra Señora del Carmen s/n, Bj. 15011 A Coruña

Número de prazas:

15

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Facer a solicitude
  • Ter de 4 a 12 anos (deberán ter a idade cumprida no momento da inscrición)
  • Só se pode facer unha inscrición por menor

Organiza:

Centro Cívico Labañou

Contacto:

Teléfono: 981 184 360

Correo electrónico: cclabanou@coruna.es

Documentos:

Autorización de asistencia, recollida e uso da imaxe (409 KB)

Tríptico Recuncho do xogo (6 MB)

Solicitaranse as prazas na conserxaría deste centro cívico.

Ofértanse en total 10 prazas para as persoas participantes con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non impida a participación en actividades co grupo. Neste caso a inscrición terase que realizar no centro cívico de Labañou nas mesmas datas e no horario de apertura dese centro cívico.

É conveniente levar auga e un refrixerio para media mañá e non levar aparellos electrónicos.

É aconsellable que non asistan ao Recuncho do xogo as e os menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún destes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19

Só se poderá facer unha inscrición por menor, en caso contrario anularanse todas as inscricións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión