Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Recuncho do xogo" de Semana Santa no Centro Cívico Sagrada Familia

Espazo de actividades lúdicas infantís durante a Semana Santa. Aprenderemos sobre a astronomía e as estrelas, a través de obradoiros, xogos e dinámicas.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos entre 4 e 12 anos no momento da presentación da solicitude de preinscrición

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/04/2023 ata o 05/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/03/2023 ata o 29/03/2023

A admisión farase por orde de chegada ao realizar a inscrición.

O horario será o de apertura do centro cívico.

Horario:

10.00 a 13.30 h

Enderezo:

Centro Cívico Sagrada Familia. Praza Nuestra Señora s/n. 15007 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Facer a solicitude
  • Ter idade de 4 a 12 anos (deberán ter a idade cumprida no momento da inscrición)
  • Só se pode facer unha inscrición por menor

Organiza:

Centro Cívico Sagrada Familia

Documentos:

Autorizacións de asistencia, recollida e uso da imaxe (409 KB)

Tríptico do Recuncho do xogo (6 MB)

Solicitase a praza no centro cívico.

Ofértanse para as persoas participantes con necesidades educaticas especiais ou discapacidade, en grao que non impida a participación en actividades co grupo, 10 prazas. Neste caso a inscrición terase que realizar no centro cívico de Labañou.

É conveniente levar auga e un refrixerio para media mañá e non levar aparellos electrónicos.

É aconsellable que non asistan ao Recuncho do xogo as e os menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún destes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19

Só se poderá facer unha inscrición por menor, en caso contrario anularanse todas as inscricións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión