Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Para as/os menores xa matriculados no curso 2024-2025 na REIM
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 20/03/2025 ata o 21/03/2025
Xa rematou
Os/as proxenitores/as, titores/as ou representantes legais dos/as menores que xa se atopen matriculados nunha escola da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña no curso 2024-2025, poderán solicitar o traslado da súa matrícula a outra escola da REIM para o curso 2025-2026, coa condición de que se cumpran os seguintes requisitos:
Que existan prazas libres na escola á que se quere realizar o cambio.
Que, no momento da solicitude, tanto o/a menor como os seus irmáns ou as súas irmás estean ao día no pago das mensualidades dos servizos complementarios.
Que o/a menor teña un irmán ou unha irmá escolarizado/a na escola solicitada e/ou que o/a menor teña necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), de acordo co establecido no artigo 26.2.2. do Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na REIM do Concello da Coruña.
No caso dun/dunha menor con NEAE é necesario que o centro de destino teña algunha praza dispoñible para un/unha menor con NEAE na unidade na que solicita ingresar. Para iso, nas datas indicadas na súa escola infantil, deberá presentar unha solicitude de traslado na secretaría da escola á que se desexa incorporar.
Tras a concesión ou denegación do traslado, formalizarase a reserva de praza no centro no que proceda, para o que as familias deberán presentar na secretaría da escola a documentación que se cita a continuación:
Modelo de ficha de reserva de praza facilitado pola escola.
Libro de vacinas actualizado.
Calquera outra documentación que a escola considere necesaria para a prestación do servizo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible