REINVENTIO é un espectáculo visualmente asombrante que mergulla ao espectador nunha aventura sen precedentes.
Para público en xeral
Os días 03/01/2026, 04/01/2026
3 de xaneiro 2026: 18.00 e 20.30 h
4 xaneiro 2026: 18.00 h
Platea: 25,00 €
Palco: 20,00 €
Principal: 15,00 €
1ª fila de principal, visibilidade reducida: 12,00 €
*Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas.
*Desconto do 25% para familia numerosa
(Para a aplicación dos descontos é necesario a presentación da documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro)
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala (excepto auga).
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
A narración segue a un mago que perdeu a súa ilusión. ¿Será quen de recuperala ao percorrer os seus pesadelos e soños?O show transfórmase nunha especie de cabaret narrativo vibrante, rebosante de beleza e emoción, onde o circo, a danza e a maxia convértense nas pegadas do camiño. O público é convidado a un universo onírico no que a realidade se desdobra en aparicións e desaparicións imposibles, levitacións que desafían a gravidade, actos de circo que cortan a respiración e coreografías que encarnan a esencia da ilusión.
Esta aventura de asombro e misterio lévanos ao encontro da inocencia e a pura ilusión. REINVENTIO promete gozo, emoción e humor para toda a familia. É un recordatorio fascinante de que a maxia non é un segredo. É a forza de volver crer.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

05/12/2025

06/12/2025

09/12/2025

10/12/2025

12/12/2025

13/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible