Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

ROCK EN FAMILIA: "Hijos del Rock and Roll" (especial Día do Pai)

"Hijos del Rock and Roll" é un divertido repaso ao mellor do noso rock

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

17/03/2024

Xa rematou

Horario:

12.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

13,00 €

Pack familiar (4 entradas ao prezo de 3)

*Desconto dispoñible ata o 10 de marzo inclusive

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/evento/rock-familia-fillos-rock-and-roll/

Organiza:

Dale a la Danza SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Extremoduro

Barricada

Loquillo

Miguel Ríos

Platero y tú

Rosendo

Marea

Burning

E máis...

Como ben dicía Miguel Ríos, pai do rock no noso país ... ¨Boas noites, benvidos,fillos do Rock and Roll ¨... aínda que neste caso sería máis ben ¨ Bos días ¨, xa que ROCK EN FAMILIA é un espectáculo pensado para celebrarse ao mediodía, un momento ideal paraque grandes e pequenos, pais e fillos, compartan a experiencia da música en directo e pasen unha mañá en grao sumo divertida repasando algunhas das mellores cancións dos artistas máis destacados da historia do rock. "HIJOS DEL ROCK AND ROLL" é un espectáculo producido por ROCK EN FAMILIA e presentado pola súa mascota O OSO ROSENDO. Nesta ocasión faremos un sorprendente repaso ás figuras máis influentes do noso rock a través dunha viaxe no tempo no que, da man da nosa incrible banda e en directo, gozaremos coas cancións que marcaron a mocidade dos papás mais, nesta ocasión, cos seus pequenos á beira. Soarán MIGUEL RÍOS, EXTREMODURO, BARRICADA, ROSENDO, LOQUILLO ou PLATERO Y TÚ e cantaremos todos xuntos para gozar da experiencia inesquecible do ROCK EN FAMILIA.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Javier Martín

    TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

    Cando:

    17/04/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión