Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ruta especial | Corunna 1809 A paso de vencedores

Precísanse voluntarios para formar a mellor infantería lixeira de Europa. Precisanse atletas que sigan ao noso guía Suso Martínez e facer o mesmo recorrido do 95th Regiment dende a reserva ata a liña da fronte da Batalla de Elviña o 16/01/1809.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/01/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/12/2022 ata o 08/01/2023

PRAZO PECHADO AO CUBRIRSE TODAS AS PRAZAS 

Formulario de inscrición

Requisitos:

Ser maior de idade e cunha certa preparación física, de xeito que poida realizar o percorrido.

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña.

Documentos:

LISTAXCE DE SOLICITANTES (165 KB)

Dificultade: media-alta. Gran parte do recorrido será a trote e realizarase algunha parada para contextualización e haberá algunha sorpresa.

Precísanse atletas con equipación deportiva.

Número de prazas: 50

Punto de partida: Dende a glorieta (monumento ao Río Monelos) entre a Avenida de Monelos e Avenida Salvador de Madariaga (na praciña que se forma no inicio da rúa Corrales).

Punto Final: Monolito de John Moore no Campus de Elviña.

Distancia a percorrer: 5´8 quilómetros

Recorrido: Avenida de Monelos-Avenida de Montserrat-Monte Mero-Agra do Foxo-San Vicente de Elviña-Campus UDC Elviña.

Descrición: Sairemos dende Oza, onde se atopa a División de reserva británica en 1809 e de súpeto seremos chamados ao comando que se atopa no Monte Mero. Para elo ao paso que impoña o noso guía ascenderemos pola carretera de Betanzos deixando Oza e pasando pola aldea de Eirís. Nos altos do Monte Mero recibiremos novas e urxentes instruccións e baixaremos ao val do Monelos para pechar o avance da cabalería imperial de Napoleón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión