As festas de San Xoán chegan de novo á Coruña, con once días de celebracións.
Para público en xeral
Dende o 14/06/2015 ata o 24/06/2015
Xa rematou
A Coruña converterase, entre o 14 e o 24 de xuño, no referente festivo do noroeste español, coas emblemáticas festas de San Xoán.
A programación está marcada pola música, as actividades infantís e a dinamización nos barrios que compartirán protagonismo coa tradicional cabalgata, a queima da falla ou o disparo pirotécnico. As actividades arrincarán o domingo, 14 de xuño co ciclo de música na rúa, coa tradicional sardiñada popular e verbena no parque de Santa Margarita; e actividades infantís, que comezan nesta zona para trasladarse, cada día e ata o 24 de xuño, a distintos barrios da cidade.

Dende o 05/12/2025 ata o 07/01/2026
O período de inscrición comezará o martes 9 de decembro de 2025 ás 9.00 h e finalizará o xoves 11 de decembro de 2025 ás 14.00 h, aínda que, se non se ocupan todas as prazas, o prazo poderase prolongar.
Publicación de listaxes provisionais e corrección de erros: venres 12 de decembro de 2025
Publicación da listaxe do sorteo con persoas admitidas e lista de espera: martes 16 de decembro de 2025
Dende o 09/12/2025
Poderanse inscribir todos os nenos e nenas que, na data do 31 de decembro de 2025, estean empadroados/as na cidade e teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos (nacidos/as en 2014, 2015, 2016, 2017, 2018)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible