Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Santi Rodríguez e a súa xira - "¿Nos damos un viaje?"

Cantas veces volvestes decepcionados/as dunha viaxe? Algunha vez vos arrepentistes do que gastastes polo pouquiño que vistes? Pois son a metade das veces das que Santi Rodríguez saíu decepcionado dos programas de tele onde non o elixiron.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/01/2026

Horario:

20.00 h

Duración:

85 min aproximadamente

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 22,00 €

Palco: 20,00 €

Principal: 18,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 16,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Catuti Produccións SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Para que non nos volva pasar, el non volve probar sorte na tele e os demais non volvedes viaxar sen saber antes a onde ir.

Así que, dámonos unha viaxe? A onde queredes que o deamos? Europa? América? África quizais?

De momento vós vide ao teatro para que Santi vos conte o que coñece dalgúns destinos turísticos.

Logo xa veremos a onde ides vós e onde acaba Santi.

Non recomendado para menores de 14 anos

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión