The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida o público a que o viva.
Para público en xeral
08/10/2021
Xa rematou
20.30 horas
70 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para que se apliquen os descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.gal
Dentro, Ela - Actriz, Ela - Menciñeira e Ela - Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para finalizar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha é as tres.
A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.
The Witch cóntanos a historia dunha das miles de mulleres acusadas de bruxería na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos á actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; a menciñeira ocupada entre plantas e ungüentos; e á muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá. Mentres, o público, a modo de xogo, realiza pequenos rituais desde a súa butaca. Para cando chegue o final poderá responder: ¿Queremos queimar á bruxa ou desexamos a súa liberación?
Autoría, dirección e interpretación: Diana Sieira
Compañía Diana Sieira
Duración: 70 min
Espectáculo en galego
*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h
Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Venda en liña: www.ataquillacom
03/05/2024
03/05/2024
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible