"Neura" é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas.
Para público en xeral
05/12/2024
Xa rematou
20.30 h
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan esconder algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica. Edu e Sonia xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos "ex". Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos. Os azares da vida fan que se volvan atopar en distintas circunstancias.
Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dunha maneira hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental.
Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectidos.
A mellor terapia: rir de nós mesmas!
Dirección: Manuel Pombal Pérez
Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías
Compañía: Destexeito
Duración: 75 minutos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible