Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar Outono 2026 - XOGUETES ROTOS

Espectáculo de teatro físico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/10/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00 €

  • Carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas, familia numerosa, personas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 7,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A peza narra a historia de Mario, un mozo nado nos anos 50 na comarca do Ribeiro. Mario non encaixa na súa aldea natal, non lle gusta o traballo no campo, non quere seguir as normas do seu pai e a súa natureza interior choca coa España sombría e a lei de vagos e maleantes da época.

A obra explora a transformación, a identidade e a procura dun lugar no mundo de Mario, quen comeza a dubidar de todo, mesmo do seu nome.

Duración: 70 min

Compañía: coprodución de e. Barrosanta ButacaZero

Autoría: Carolina Román (adaptación de Roberto Pascual)

Dirección: Xavier Castiñeira

Elenco: Anxo Outumuro, Dani Lago

Público: +14 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión