Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Sen to Chihiro no kamikakushi", con Hayao Miyazaki

Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/12/2021 ata o 11/12/2021

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos: Carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro séntese moi soa e asustada.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h e os venres de 10:00 h a 15:00 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión