Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Séraphine de Martin Provost

Narra a vida, fóra do común, da francesa Séraphine de Senlis, unha muller nada en 1864 que foi pastora, logo ama de casa e, finalmente, pintora antes de afundirse na tolemia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/10/2018 ata o 27/10/2018

Xa rematou

Horario:

xoves 20:15, venres 20:15, sábados 17:15 e 20:15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesión das persoas espectadoras: sábado ás 17:15 h. Prezo único: 1,50 euros

Comezos de século XX. Séraphine Louis, de 42 anos, vive en Senlis limpando casas. O pouco tempo que lle sobra ocúpao pintando. É a muller da limpeza da Sra. Duphot, que lle aluga un piso a Wilhelm Uhde, un marchante alemán fascinado polos pintores modernos e inxenuos. Durante unha cea ofrecida pola Sra. Duphot, Wilhelm Uhde descobre un pequeno cadro que trouxera Séraphine uns días antes. Fascinado, cómprao e convence a Séraphine para que lle ensine outras obras súas.

De Martin Provost

Con Yolande Moreau e Ulrich Tukur

Francia, 2008 - 129 min - NRM 7 anos - Formato 35 mm

VENDA DE ENTRADAS

Media hora antes de cada función (só se quedan entradas dispoñibles)

VENDA ANTICIPADA

En conserxería, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión