Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
En cumprimento da Lei de benestar animal, do 16 de marzo de 2023, informamos de que neste recinto non se permite o acceso de animais de compañía, agás cans e/ou de asistencia.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal da sala.
Actuar con responsabilidade.
Organiza:
Deimos Teatro
Contacto:
forummetropolitano@coruna.es
A ciencia non nos ensinou aínda se a tolemia é ou non o máis sublime da intelixencia. Iso escribiu o afamado Edgar Allan Poe e iso explora este experimento de Deimos Teatro, cuxo posible parecido con "Veinte poemas de amor y una canción desesperada", de Pablo Neruda, é pura coincidencia. Nun recuncho perdido entre as sombras dunha tormentosa noite, as portas dunha taberna ábrense para dar paso a un desfile de historias extraordinarias. As persoas espectadoras chegarán á fronteira entre a realidade e os soños, nunha viaxe de música, intriga e poesía. E quizais se boten algunhas risas entre os dous mundos. Unha obra que celebra o poder da narración e nos lembra que todas e todos levamos dentro unha historia digna de ser contada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible