SILENCIADOS é unha peza de teatro físico e social que fala da intolerancia e narra a historia de cinco persoas asasinadas por crimes de odio, concretamente por causa da súa orientación sexual
Para público en xeral
10/12/2016
Xa rematou
20.30 horas
Unha temática á que, lamentablemente, segue sendo necesario dar visibilidade e que está de triste actualidade.
Durante os últimos meses ocorreron en España numerosos casos de acoso por discriminación sexual e agresións homófobas, dos que varios distritos de Madrid foron tristes protagonistas. Precisamente, hai tan só un par de días, o Observatorio Madrileño contra a LGTBfobia contabilizaba máis de 60 ataques deste tipo na comunidade no que vai de ano, 6 deles na última semana e os 6 na cidade de Madrid.
A pesar de que a nosa peza fala precisamente da intolerancia e a realidade destes crimes de odio, é unha proposta próxima ao espectador, sexa da idade que sexa. Para nós é máis que unha obra de teatro: é un posicionamento político e cultural, é teatro social ao que demos forma en talleres con persoas que sufriron acoso pola súa orientación sexual e con charlas-encontros co público. Demos tamén conferencias, realizamos actos de homenaxe a estas persoas asasinadas, falamos coas súas familias e visitamos os lugares onde foron asasinados, actuando en condicións moi adversas. Todo por dar visibilidade a persoas que viviron nas súas propias carnes crimes de odio.
Silenciados realizou xiras en países como Irlanda, Portugal, México, Italia ou Colombia e foi galardoado co premio Hilton Edwards á Mellor posta en Escena e ao Diálogo intercultural en Dublín, así como con Mención Especial nos festivais de FICTGay México DF, EITAI-Querétaro e La Rendija-Yucatán. Con esta montaxe participamos tamén no Festival Iberoamericano de Bogotá representando a España, onde foi elixido pola crítica como un dos 10 mellores espectáculos do Festival.
Entidades

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible