O día 1 de outubro (20.30 horas), a cantante e compositora SILVIA PÉREZ CRUZ abrirá a terceira edición do ciclo A Coruña Live Xperience by CaixaBank no Palacio da Ópera da Coruña
Para público en xeral
01/10/2026
Venda de entradas desde o 31 de xullo de 2026 ás 11.00 h
20.30 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
Desde 42,00 €
Non se admiten cambios nin devolución de entradas.
Cávea Producións e Terra Music
Só no que levamos do ano 2026, Sílvia gañou o seu segundo Premio Goya á mellor canción orixinal, esta vez xunto a Alba Flores pola canción "Flores para Antonio".
Cumpriu un dos seus soños presentando un concerto creado especialmente para a ocasión no mítico Olympia parisiense (colgando o cartel de non "hai entradas") e presentou disco de novas composicións, Oral_Abisal (Sony Music Spain, 2026), virándoo cumpridamente en máis de corenta datas nun tour que culminará en agosto e setembro de 2026 en Latinoamérica: Brasil, Cuba, Arxentina, Chila, República Dominica e México, que serán testemuñas dunhas das propostas escénicas e musicais da artista catalá ata a data.A amplitude de rexistros de Sílvia Pérez Cruz chega tamén á súa expresión máis espida e crúa: soa, acompañada sinxelamente da súa voz e a súa guitarra.
O día 1 de outubro na Coruña darase unha das raras oportunidades de gozar a artista catalá neste formato.Se todos os concertos de Sílvia son capaces de xerar unha conexión única coa súa audiencia, talvez sexan estes en formato soa os que cheguen a un nivel de complicidade e proximidade aínda maior dos habituais na artista catalá.
Como unha foto tirada en branco e negro e en analóxico. Como unha película clásica. Como unha ocasión irrepetible. Un repertorio pensado especialmente para cada cidade. Unha combinación das súas cancións novas propias e alleas, dos seus clásicos de sempre propios e alleos. Unha sorpresa do todo inesperada. A túa canción favorita e outra recentemente descuberta. E así ata o infinito.
VENDA DE LOCALIDADES

Os días 05/08/2026, 06/08/2026, 07/08/2026, 08/08/2026, 09/08/2026

09/08/2026

Os días 10/08/2026, 11/08/2026, 13/08/2026

Os días 09/09/2026 á 01:00 , 10/09/2026

16/09/2026

19/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible