ACROBACIAS, HUMOR E FLAMENCO
Para público adulto e xuvenil, a partir dos 12 anos
Para público en xeral
04/11/2023
Xa rematou
20.00 h
55 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (persoas desempregadas, Carné Xove, +65 anos e menores de 12 anos: 7,00 €) e abono 3 (de venda só nos despachos de billetes): 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Chicharrón é o último elo dunha dinastía flamenca, que trae o carromato onde garda a pena flamenca familiar, na que fusionará os ritmos e compases do flamenco cos malabares.
Sin ojana significa sen mentiras, sen hipocrisías.
Isto é o que trae Chicharrón consigo: un cante á liberdade, unha homenaxe ao flamenco, á muller e aos devires da vida. Unha mestizaxe de arte na que, na súa itinerancia, entre o humor e o drama, nos atrapará para lles colocar uns lunares ás nosas vidas.
Este proxecto nace dun profundo respecto e amor cara ao flamenco e do desexo de mostrar e transmitir os seus valores, tanto culturais como humanos, así como da necesidade de homenaxealo e darlle a importancia que merece na sociedade.
Fusionado con outra das miñas grandes paixóns, o circo, e a través do humor e a sátira, neste espectáculo preténdese compartir unha concepción de «O flamenco».
1.º PREMIO PANORAMA CIRCADA 2020
PREMIO POM D'OR DO FESTIVAL SENSE PORTES 2022
PREMIO ZIRKOLIKA POR VOTACIÓN POPULAR 2022
PREMIO ZIRKÒLIKA CIRCO SOCIAL CO PROXECTO CIRCÁPOLIS 2022
FICHA ARTÍSTICA
Idea orixinal e interpretación: Germán J. López Galván
Dirección e dramaturxia: Pepa Gil
Música orixinal: Raúl Cantizano
Escenografía: Germán López, Trebarte, Juan Manuel Sánchez, Pepeciclo e Javier Dastis
Vestiario e decoración: Engatosarte Vestuario Teatral
Coreografía e voz: Alicia Acuña
Documentación: Javier Blancart
Deseño de Iluminación: Juan Manuel Sánchez
Coprodución: Festival Circada
https://www.youtube.com/watch?v=LMXlgn1SSRQ
VENDA DE ENTRADAS:
PAGAMENTOS: no despacho de entradas da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible