Ao longo da historia, o mar foi fonte de inspiración de numerosos artistas galegos.
Para público en xeral
Dende o 30/09/2015 ata o 29/11/2015
Xa rematou
Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
Entrada gratuíta
Sara Coleman, deseñadora e artista multidisciplinar de formación híbrida, realizou obradoiros de investigación en técnicas téxtiles e traballou como deseñadora e patronista para diversas empresas do sector téxtil. No ano 2007 crea a súa propia marca de moda: SARA COLEMAN_Organic Design. Na actualidade é docente en ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia), participa en exposicións individuais e colectivas, e imparte conferencias sobre Creatividade, Deseño e Experimentación.
Sekone empeza a pintar grafitti en 1996 en Vilagarcía. Actualmente reside na Coruña onde se trasladou para cursar estudos de ilustración e gráfica publicitaria. Despois de varios anos traballando como deseñador, Sekone retoma con forza a súa carreira artística participando en numerosas intervencións de arte na rúa como Desordes Creativas á vez que protagoniza exposicións individuais e imparte obradoiros de arte urbana.
Sandra M.G. empeza os seus estudos de fotografía artística en Barcelona onde realiza varias exposicións individuais. Despois dunha estadía en Londres absorbendo as influencias culturais da cidade, en 2013 trasládase novamente a Galicia impulsada pola necesidade de dotar de maior creatividade á súa obra. Actualmente compaxina o seu traballo na axencia White Studio coa realización de traballos fotográficos máis persoais.
María Arceo é unha artista galega que reside en Londres desde hai máis de 30 anos. Utiliza a instalación, a escultura, a fotografía e o cinema para explorar a estreita interacción entre a manipulación humana do mundo natural e a resposta da natureza a estas interferencias. Recentemente foi convidada a formar parte do proxecto Exxpedition, embarcando como artista en residencia xunto a outras trece mulleres (científicas, ecoloxistas, activistas , cineastas…) para cruzar o Atlántico e analizar a cantidade de plástico presente nas augas do océano.
Susana Sanromán vive e traballa en Londres. No ano 2008 se gradúa en fotografía polo London College of Communication. Desde entón participou en numerosas exposicións, como artista e como comisaria de arte. Susana é cofundadora e membro activo dos colectivos Artcruch (comisariado de arte) e de Centerpoint Collective (fotografía). Entre os seus traballos destaca a serie fotográfica “The things we leave behind” na que presenta escenarios nos que se acumula o lixo debido ao abandono de actividades industriais ou ás necesidades da reciclaxe.
Nando Lestón é un artista de Carnota formado na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. O mar e a natureza en xeral están tan presentes na súa obra como na súa vida: traballa con pintura e escultura, pero tamén con crebas, residuos, rocas e árbores. Participou en numerosas exposicións, entre as que destacan Segunda Pel e Deser Crebas. Entende a arte como unha ferramenta social e colectiva.
Alejandra Sampedro escultora galega graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi a primeira artista emerxente en expoñer individualmente nas Torres Hedjuk coa intervención artística Mar de Crebas, na que procura a beleza no residuo, partindo da idea da reutilización como un acto necesario. Traballa a técnica escultórica a partir da recuperación de materiais de residuo que noutro tempo foron arroxados ao mar.
Félix Fernández é un artista multidisciplinar licenciado en Belas Artes e formado paralelamente en danza contemporánea e teatro-performance. O seu traballo céntrase na relación do individuo contemporáneo co seu tempo para o que utiliza unha multiplicidade de formatos: fotografía, performance, espectáculos audiovisuais, instalacións ou vídeo. Desde o ano 2001 a súa obra se programa en salas nacionais e internacionais e forma parte de coleccións como a Unión Fenosa ou a do Museo Provincial de Lugo.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible