A historia dos barrios e pobos de Madrid é unha historia de solidariedade. Desde a chegada dos primeiros veciños, emigrados do campo nos anos 50, que construíron as casiñas sobre o barro de forma colectiva, ata a organización veciñal fronte aos plans de especulación inmobiliaria, e o xurdimento das asociacións de veciños, barrios como Vallecas, Carabanchel ou Lavapiés foron emblema do movemento veciñal.
Para público en xeral
Dende o 04/10/2021 ata o 04/10/2021, os luns
Xa rematou
19:30 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Toda unha historia de organización que permitiu forxar ese carácter propio polo que se coñece aos barrios e municipios do sur de Madrid, co que responden #ante cada nova crise, cando os dereitos son máis ameazados e as institucións tardan, eluden ou están ausentes. A crise do Covid19 chegou golpeando especialmente ás persoas máis vulnerables, mostrando as costuras dun sistema económico incompatible coa vida. En poucas semanas, multitude de familias que xa vivían ao día, non eran capaces de encher as súas neveiras, pagar as facturas ou o alugueiro. E foi nese momento cando de novo a historia de barrios como Vallecas volveu a reescribirse sobre os piares da solidariedade, a loita popular e os coidados. Xurdiron ou se reinventaron Somos Tribo VK, a Plataforma La Cuba, a despensa solidaria de Carabanchel, a AVA de Aluche... redes de veciñas que sobre o tecido asociativo, cultural e popular histórico impulsaron iniciativas para coidar das súas veciñas, garantir os seus dereitos e facer seu unha vez máis aquel lema que nunca caduca: 'só o pobo salva ao pobo'. Desde #404 Comunicación Popular e Somos Tribo VK tentamos poñer memoria gráfica a todo o que estaba a suceder, para lembrar de onde vimos e cara a onde queremos seguir construíndo. De aí xurdiu o documental 'Somos Tribo VK, unha historia de solidariedade' que o 14 de decembro proxectaremos no Teatro do Barrio, coa presenza de diferentes iniciativas solidarias e de coidados da Comunidad de Madrid. Contaremos ademais coa moderación de Olga Rodríguez, xornalista e escritora experta en DDHH
Sacar a entrada de balde no enlace: https://corunacultura.sacatuentrada.es/
Requisitos: Será de OBRIGADO cumprimento
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible