Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

SomosPro: Iniciación á robótica

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 13 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

21/10/2026

Inscricións:

Dende o 14/10/2026 ata o 20/10/2026

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O mércores 21 de setembro ás 18.30 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Iniciación á robótica", dirixido para nenos e nenas de 9 a 13 anos. Impartido por David Ballesteros de Ceo Aberto.

Neste obradoiro de SomosPro achegarémonos  dun xeito divertido, práctico e moi participativo, ao mundo da robótica.  Os rapaces e rapazas converteranse en científicos, practicando coa creación de Scribbling Machines, pequenos robots capaces de debuxar mediante movementos e vibracións, e iniciaranse na programación dun robot mBot, aprendendo a controlar movementos, sensores e respostas mediante programación por bloques. Deste xeito, o obradoiro permite descubrir de forma accesible algúns dos principios básicos da robótica, a programación e o pensamento computacional.

Agardámoste na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión