Obradoiro enmarcado dentro do Ciclo Temático "Regreso ao pasado: historia ignota" e o Programa SomosPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
25/02/2026
Dende o 18/02/2026 ata o 25/02/2026
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 25 de febreiro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o "Obradoiro: Á luz da lucerna", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Percorrido pola Prehistoria para coñecer as primeiras técnicas para a produción do lume, os materiais empregados e por suposto, o gran avance que supuxo o seu descubrimento. Falaremos da fabricación dos diferentes recipientes para transportar a luz e remataremos na antiga Roma falando das diferentes formas e decoracións das lucernas. Por último, experimentaremos a fabricación da nosa propia lucerna a través de moldes.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar

Dende o 18/02/2026 ata o 19/02/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 10/02/2026
Inscrición na web

21/02/2026
Dende o 14/02/2026 ata o 19/02/2026
Require inscrición

Dende o 03/12/2025 ata o 26/02/2026

Dende o 23/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 16/02/2026 ata o 23/02/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 02/03/2026 ata o 03/03/2026
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Inscrición en liña

07/03/2026
Dende o 28/02/2026 ata o 05/03/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible