Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Talleres de verán 2022

Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

A quen vai dirixido?:

Público: 6 - 12 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 02/07/2022 ata o 20/08/2022

Horario:

Horario: no Museo Arqueolóxico ás 12.00 h e no Castro de Elviña ás 11.30 h

Duración:

Duración: 1,5 - 2 h

Enderezo:

Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Número de prazas:

20

Requisitos:

Inscrición previa por orde de reserva: 981 189 850 (das 10.00 h ás 20.00 h)

Apertura do prazo de inscrición: mércores 22 de xuño

Recomendacións: roupa e calzado cómodo, gorra, botella de auga e protección solar (as actividades desenvolveranse ao aire libre)

  1. Actividades no museo: sábados ás 12.00 h

1.1. Sábado 2 de xullo - Artistas ourives

A actividade permitirá coñecer o gusto polo adorno corporal desde a prehistoria. Centrarémonos na colección presente en San Antón para descubrir non só as xoias máis comúns senón tamén os materiais máis utilizados. Para terminar, realizaremos a nosa propia xoia prehistórica.

1.2. Sábado 9 de xullo - Mitos e lendas do mar

Internarémonos de cheo no mundo das lendas para descubrir a que monstros mariños se tiñan que enfrontar os mariñeiros no pasado. Serán monstros? Que vían realmente? Descubriremos diferentes aspectos relacionados coa navegación e terminaremos iluminando unha imaxe medieval como auténticos iluminadores da época.

1.3. Sábado 16 de xullo - O rastro nas pedras

Que é un petróglifo? Que representacións podemos atopar? De que época son? Aprenderemos todo sobre eles a través das mostras presentes na exposición do Castelo de San Antón. Coñeceremos tamén algúns métodos tradicionais para a súa reprodución e para terminar realizaremos o noso propio areoglifo.

1.4. Sábado 23 de xullo - Copistas medievais

Neste taller descubriranse os segredos da escritura e como evolucionou ao longo da historia, desde as primeiras representacións artísticas do Paleolítico, ata a formación dos scriptoriums na Idade Media. Converterémonos en escribas medievais usando os útiles do pasado para practicar caligrafía medieval e iluminando unha letra.

1.5. Sábado 6 de agosto - Mans á masa. A cerámica

Descubriremos con esta actividade un dos grandes avances do Neolítico: a fabricación dos recipientes cerámicos. Falaremos da arxila, como materia prima e da evolución nas súas formas ao longo da prehistoria. Para finalizar realizaremos o noso propio recipiente empregando técnicas prehistóricas.

1.6 Sábado 13 de agosto - Artistas do pasado. Dende cando existen @s artistas?

Coñeceremos as formas de vida no Paleolítico a través das pinturas rupestres que chegaron ata os nosos días. Tamén descubriremos os pigmentos e as ferramentas de pintura. Por último, traballaremos para crear nosa propia obra de arte.

1.7 Sábado 27 de agosto - Iluminando San Antón

A actividade permitirá coñecer as orixes do lume e a evolución nas técnicas de produción. Un percorrido desde os inicios da prehistoria ata época romana para descubrir os recipientes para conter o lume. Para finalizar, farán a súa propia lucerna romana que poderán levar para a casa.

  1. Actividades no castro de Elviña: sábados ás 11.30 h

2.1. Sábado 30 de xullo - A vida debaixo da terra

Actividade experimental para descubrir en primeira persoa o labor dun equipo de arqueoloxía. Mediante unha escavación simulada coñecerán os traballos para desenvolver nun castro como o de Elviña.

2.2. Sábado 20 de agosto - En busca do tesouro

Internarémonos no castro de Elviña para descubrir mediante un xogo de pistas os lugares secretos do xacemento e dar caza ao Tesouro de Elviña. Achegarémonos á vida na Idade do Ferro a través de réplicas arqueolóxicas que lle permitirán ao grupo participante poñerse na pel do pobo ártabro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión