Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Atréveste a ler o Quixote?

Achégate ao Quixote!, ven e goza con outra forma de coñecelo. Charlas impartidas por Antonio Couto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 13/04/2023, 20/04/2023, 27/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/04/2023

Inscrición a partir do 10 DE ABRIL (na conserxaría do Fórum ou a través dun correo a imceocio@coruna.gal)

Horario:

en horario de 17.30 h a 18.45 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Actividade gratuíta ata completar capacidade

Con compromiso de asistencia ás sesións

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

imceocio@coruna.gal

Se queres aprender e gozar dunha das grandes obras da literatura dunha forma animada e diferente; ¡¡VEN!! Os XOVES: 13, 20 e 27 de abril en horario de 17.30 h a 18.45 h na sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano

Despois destes tres anos de pandemia nos que interrompemos unha tradición que levaba varios anos realizándose queremos recuperar a normalidade e convidámoste a achegarte ao Quixote, a entendelo entre todos e a interpretar a súa actualidade no noso século XXI así como a valorar por que segue sendo un best seller de verdade.

Situaremos a obra de Cervantes no seu contexto histórico-literario, seleccionaremos capítulos e temas representativos que comentaremos nas aulas e renderémoslle unha homenaxe á novela o último día, o 27 de Abril, xa que o aniversario da morte do autor , o 23 de Abril, Día do libro, este ano coincide en domingo.

Entre os distintos temas achegarémonos ao "da liberdade no Quixote", "O humor", "A ingratitude humana", ou o tema de tanta actualidade como "A defensa feminista da muller".

Na sesión do último día, o xoves 27 de abril, realizaremos a tradicional lectura de fragmentos do Quixote que se fai en todo o mundo hispánico pero cunha particularidade xa practicada outros anos:queremos que tamén participen os nenos de calquera idade.

Convidarémolos a ler un breve fragmento e comentarémolo. Quedará un bo recordo e co apoio dos seus profesores e familias, no momento acaído comezarán a lelo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión