Con motivo do día internacional de tercer en público a Biblioteca Forum organiza un encontro veciñal para calcetar e ler na biblioteca em colaboración co club da calceta de Briznas
Para público en xeral
13/06/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 17.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Celebrar o Día Mundial de Tecer en Público na biblioteca do Fórum é a desculpa perfecta para fusionar dúas artes que alimentan a alma: os fíos e as palabras.
Contamos coa colaboración do grupo de calceta Briznas do noso barrio, para demostrar que tecer e ler son dous xeitos marabillosos de construír comunidade. Mentres as agullas entrelazan as las, as nosas voces entrelazarán historias, compartindo lecturas en voz alta que farán viaxar a imaxinación de todos os presentes, demostrando que a biblioteca é un espazo vivo de encontro, socialización e intercambio cultural interxeracional. Esta xornada serve para visibilizar unha tradición artesanal e, ao mesmo tempo, reivindicar a biblioteca como un espazo vivo para o encontro veciñal. Cada puntada compartida e cada páxina lida axúdannos a tecer redes contra a soidade, espertando o pracer pola literatura e tecer nun ambiente festivo.
Con esta maridaxe tan especial de letras e fíos, dinamizamos o espazo público e convidamos á veciñanza a enredarse nesta gran festa da palabra e da la.
Acceso libre até completar capacidade.
Tamén che pode interesar

10/06/2026
Acceso libre até completar capacidade

10/06/2026
Entrada libre ata completar a capacidade

Dende o 13/06/2026 ata o 14/06/2026

15/06/2026
Acceso libre até completar capacidade

20/07/2026
Acceso libre até completar capacidade

21/07/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible