Telmo Fernández, guitarrista galego con acento de blues, preséntanos o primeiro disco do seu Organ Trío.
Para público en xeral
29/08/2015
Xa rematou
22.00 horas.
7 euros.
Un proxecto titulado The Soul Jazz Beat Vol. 1 (Freecode, 2015) que inclúe dez temazos capaces de devolvernos a esa época gloriosa da explosión de jazz soul (versións de Horace Silver, Lou Donaldson...) máis algunha composición orixinal. Para poñerse a bailar.
As comparacións son odiosas (din) pero hai que comentalo; ante un trío con órgano e guitarra eléctrica un agarda, indefectiblemente, algún tipo de herdanza do tándem Himmy Smith/Wes Montgomery, pero non é o caso. En primeiro lugar, porque Telmo Fernández (ao que coñecemos facendo dúo con Marcos Pin en Take A Second), é un guitarrista máis blueseiro ca Montgomery, cun toque máis agresivo, moi dentro da tradición sureña e da estética sonora do blues (máis visceral), esa dos vellos guitarristas americanos do Delta (e tamén do rock serio). En segundo lugar, porque o órgano, nas mans do inglés Phil Wilkinson é un elemento do soul moi negro, moi temperamental, absolutamente fóra do tempo e das modas polas que pasou Smith. A mestura é unha especie de festa negra con músicos brancos.
Entidades

27/05/2026

27/05/2026

28/05/2026

29/05/2026

29/05/2026

Os días 23/04/2026, 30/04/2026, 02/05/2026, 07/05/2026, 08/05/2026, 09/05/2026, 15/05/2026, 23/05/2026, 24/05/2026, 30/05/2026, 06/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible