Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

THE BEST OF NOA

Noa & Gil Dor na Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/11/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

28,00 / 35,00 / 40,00 € (1ª fila de principal - visibilidade reducida, 25,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, - 25 % (só no despacho de billetes)) 

(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)

(As persoas compradoras de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Documentos:

Autorización menores 16 anos (21 KB)

Achinoam Nini "NOA" volve a España e faino cargada de novidades.

A cantante israelí atópase inmersa actualmente na publicación do que será o seu novo disco e que verá a luz proximamente.

No concerto que ofrecerá o día 16 de novembro na Coruña, interpretará varios temas inéditos deste novo álbum baseado en temas de  J. S. Bach, aos que se sumarán algunhas das máis coñecidas cancións da súa traxectoria musical. 

Un concerto a dúo, no que Noa estará acompañada polo seu inseparable e gran guitarrista Gil Dor, a quen coñeceu estudando na escola Rimón de Jazz e Música Contemporánea en 1990 e quen se convertería no seu compañeiro de dupla desde entón ata o día de hoxe.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión