Se che gustou o primeiro buraco... proba co segundo.
Para público en xeral
Dende o 26/11/2015 ata o 29/11/2015
Xa rematou
THE HOLE 2 mantén o exitoso formato de THE HOLE, cunha mestura de circo, burlesque, teatro, sensualidade, música, humor e moito canalleo. Afastámonos do cabaré berlinés e asistimos a unha fusión cun xénero que tamén proporcionou moitas noites antolóxicas: A revista. THE HOLE 2 bebe dos espectáculos de variedades que trouxeron diversión e entretemento noutras épocas difíciles, conserva o máis transgresor daqueles días e mestúrao co mellor do cabaré, o circo moderno e o freak show de Coney Island. O escenario convértese nun grande espectáculo de variedades onde se dan cita algúns dos mellores artistas nacionais e internacionais que conxugan diferentes disciplinas en escena. A música é unha parte fundamental do espectáculo e o escenario conta con músicos en directo, cantantes e temas orixinais ao servizo dun argumento novo. Novos personaxes atópanse neste Segundo Buraco con outros coñecidos para facernos testemuñas das súas paixóns, relacións e tramas.
A historia en THE HOLE 2 empeza dous anos despois de onde nos deixou THE HOLE. A vida cambiou para o Mestre de Cerimonias (MC) quen, despois dunha horrorosa depresión post-party, decidiu saír do Buraco, sentar a cabeza e casar cunha avogada de ben, deixando de lado o desenfreo e a diversión para levar unha vida normal. Claro, que non contaba con verse de volta no Buraco onde se reencontra co seu pasado. E con María del Mar.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Centro Sociocultural Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9.00 a 21.00 h.
Despacho de billetes Coliseum: día de función desde as 17.00 h.
Televenda: 902 504 500 - www.ataquilla.com.

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible