Arrincamos tempada do Ciclo TRC danza con esta peza de baile e música tradicional galega
Para público en xeral
22/04/2023
Xa rematou
20.30 h
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00 € (Carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20 %; familias numerosas, -25 %)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
En "Demente" plasmaremos unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión practicamente carceraria das persoas "dementes" en tempos pasados, as acumulacións de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios ("o tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba agardar esperar a morte."), a explotación da enferma, "os almacéns de carne humana"...Deste xeito, mostraremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, desde as acumulacións practicamente carcerarias ata a externalización dos nosos días. Por que as doenzas mentais producen certo medo? Por que coloquialmente utilizamos expresións como "estás para encerrar", "estás para atar", "estás tolo"? Pensamos que unha solución para "o tolo" ou a "tola" ten que ser o encerro ou sufrir algún tipo de contención mecánica ou química? É necesaria a integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, loitar contra o estigma. Estas e moitas outras cuestións trataranse en escena. Como dicía nunha carta dunha persoa "demente" ao director do Manicomio de Conxo nos anos 40: "non son os pobres tolos recoñecidos os que fan dano ao planeta, senón os grandes tolos por recoñecer". Exemplificaremos algunhas destas doenzas e tamén o trauma que supoñen: "Nunca tratei cun paciente con esquizofrenia cunha vida que, tal e como a experimentou o paciente, non me volvía tolo a min ou a calquera." (Bertram P. Karon).
Autor e coreografo: Francisco Sieira González
Dirección artística: Carla Diego Luque
Elenco: Francisco Sieira González, Martín Mondragón Rivadulla, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, André Ádrio Rodríguez, Patricia Sánchez Seoane
Músico: Cristian Silva Bóveda
Duración estimada: 60 minutos (sen intermedio)
Venda de entradas
Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible