Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: "Los perros"

Danza contemporánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/05/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

12'00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20 %; familias numerosas: -25 %)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

"Como fillos do seu tempo, os nados na era dixital asisten a un escenario inestable e convulso que os enfronta (e nos enfronta) a un proceso de deshumanización e de illamento, para o que a solución máis exitosa parece ser unha blindaxe individual, a creación dunha identidade diferenciada ou dunha marca persoal.

Somos máis que nunca un produto á venda e a mocidade é o valor máis cobizado. A contemporaneidade arrasa os corpos fráxiles, desmembra os máis vulnerables, desfai os inadaptados que se debaten (tamén nós) entre a posibilidade de rebelión ou a docilidade.

Nesa contradición, que é unha loita constante e incerta, xorde a necesidade do outro, a comprensión, a empatía, a compaixón e o amor como recurso urxente.

Los perros propón alcanzar un estado de resistencia; como cans que deambulan, cans que se atopan, que se recoñecen vulnerables, que comparten alegría, pero tamén dor, que caen e se erguen, que bailan, que se rebelan a través do amor, a xenerosidade e o compromiso, para atopar nese traxecto común o sentido das súas propias vidas, para superar xuntos a violencia e a deterioración.

Formulamos unha proposta que viaxa dende o transo da repetición á fascinación pola sucesión de imaxes. Imaxes roubadas do onte e lanzadas ao mañá, do agora e enzoufadas do pasado, da plástica contemporánea á forma atávica, terreal, nun constante cruzamento de tempos e de linguaxes.

O despregamento dunha danza pasional que atopa o seu sentido máis puro na repetición e na catarse: bailar ata a extenuación, ladrar ata o abatemento, vivir ata o desfalecemento. O relato do home que se contempla no outro para atoparse a si mesmo.

Dous homes apertados.

Dous homes que bailan ata que todo termine e todo volva comezar".

Carmina S. Belda

Elenco: Jon López e Martxel Rodríguez

Dirección do proxecto: Led Silhouette

Idea e dirección artística: Marcos Morau

Venda de entradas:

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Televenda

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión