Programa dobre Das compañías Ertza e Daniel Rodríguez
Para público en xeral
04/05/2024
Xa rematou
20.30 h
40 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
VÓS TEDES O RELOXO, NÓS TEMOS O TEMPO Dise que os occidentais contamoso tempo, medímolo, comprámolo, vendémolo, planificámolo e organizámolo; para nós é un ben obxectivo, independente ao ser humano, que usamos para facer cousas, pero case sempre nos falta. Pola contra, en África o tempo vívese, tense, faise; é un ben subxectivo e inherente ao ser humano, que se habita e case nunca falta. O feito de que nazamos nun lugar do mundo concreto marca indefectiblemente a noción que temos do tempo, e aínda que nada é inamovible, dificilmente conseguiremos desprendernos desa primeira noción adquirida. O tempo pódese vivir de moitas maneiras, incluso ser escravo del; pero o que non se pode negar, e isto é válido para calquera recuncho do mundo, é o poder que nos dá a danza, sexa cal for a súa orixe, xénero ou condición, para vivir o tempo nun presente absoluto. OTEMPODIZ é unha peza de danza de 25 minutos, que analiza as diferentes maneiras que temos de vivir o tempo, a través dunha combinación linguaxes coreográficos urbanos, tradicionais e contemporáneos
Con Fenias Nhumaio e Deissane Machava
Idea orixinal, dirección e coreografía: Asier Zabaleta
25 minutos
"O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro". A raíz de nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de Raíz.
Idea orixinal: Daniel Rodríguez
Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
15 minutos
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Dende o 08/10/2026 ata o 10/10/2026

13/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 13/10/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 18 a 35 meses (ata xusto o día antes de cumprir os 3 anos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Pídese que as familias que se inscriban traian unha toalla, unha muselina ou algo similar, xa que se vai empregar na proposta.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

17/10/2026

Dende o 16/10/2026 ata o 17/10/2026

Dende o 16/10/2026 ata o 17/10/2026

20/10/2026
Dende o 16/10/2026 ata o 20/10/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible