De GN|MC Guy Nader | Maria Campos
Para público en xeral
24/10/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza Contemporánea
Entre o xogo e o control, entre a harmonía e o caos. Entre estes extremos sitúase a nova creación de GN|MC Guy Nader | Maria Campos, que leva á linguaxe do movemento a complexidade da natureza, concibida como a unión de moitos organismos diversos. Do mesmo xeito en que as partículas se moven con extrema precisión, pero de maneira aleatoria e impredicible, esta proposta é o resultado físico dunha investigación que encarna o grupo de nove bailaríns que verás en escena. Reorganízanse e reinventanse constantemente, sempre en busca do equilibrio e da máxima perfección. Seica non é unha mostra de resiliencia ante este caos que é o destino último de todos os sistemas físicos? Elementos materiais e sonoros darán consistencia ao organismo colectivo que, en escena, baila ao son dunha música composta por Coti K. e que, con patróns rítmicos repetitivos, ofrece unha sensación de caos organizado. Unha especie de oda á vida e a súa fráxil contorna.
Creación/Interpretación: Alfonso Aguilar, Maria Campos, Joana Couto, Guy Nader, Pierre Lison, Jovana Zelenovic, Francesco Grilli, Olatz Larunbe, Mimi Wascher
Idea/concepto: GN|MC Guy Nader | Maria Campos
Dirección: Guy Nader
Codirección: Maria Campos
Composición musical: Coti K.
Diseño iluminación: Conchita Pons
Premios Max 2025 en tres categorías: mellor coreografía, mellor bailarina para Maria Campos e mellor bailarín para Alfonso Aguilar.
Duración: 60 minutos
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Dende o 05/06/2026 ata o 06/06/2026

Dende o 05/06/2026 ata o 07/06/2026

09/06/2026
Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

10/06/2026
Dende o 06/03/2026 ata o 10/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026

03/07/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible