Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRCdanza: Quando vem a taciturna-de limiar em limiar o presente frágil

De Nuisis Zobop (Portugal)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/05/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza contemporánea   

Como bailar sobre ruínas, exumar arqueoloxías estupradas, en comuñón exhalando e destilando melancolías e nostalxias? Un palimpsesto a sangrar, bordado en nervios de resistencia? Como metamorfose e presenza fráxil irrompe unha hypokeímenon poética no amago da phýsis, un eido evanescente entre o devir e a imutabilidade, kairós que tremula a Taciturna. Presenza telúrica que mutila e acaricia movéndose de limiar en limiar coa ferocidade dun espasmo, coito en sussurro co baleiro que ascende, abrazo en voo e invasión sutil, ruptura tanxible, lámina de erupción xorda, chama reflectida en auga, puñal que rasga e cega as linguas da pel con tenrura, morde músculos segundo a segundo. Convulsiona limiares-feridas onde o presente se desagrega, se multiplica en cempés de medo, ser-para-a-morte, ser-para-o-gozo, entrelazado de circunvolucións que se violan unha a unha, regurxitando e vomitando con violencia o fráxil baleiro do agora. Dobre sentido de tempo e don, o presente é unha ofrenda precaria que se devora na voracidade, na furia suavizada por melancolía que amarra e lambe momento a momento o instante e o fin. O eterno conflito entre pasado, presente e futuro, só un orgasmo ontolóxico que de encruzillada en encruzillada confronta e excita a finitude. O presente fráxil macera-se en profanacións coa consciencia dilacerada dunha flor decapitada cos dentes. Báilase entre limiares - entre ser e non-ser, desexo e baleiro, vida e morte, a transitoriedade unha carne amada e astillada que revela a beleza do caos que nun De limiar en limiar, a danza dá a parir momentos irrepetibles non cancelables polo terror, metamorfoseando urxencia apocalíptica en supervivencia sobre os cadáveres, transmutando fragmentos en infinitudes vulnerabless, colapso en resurreción, fin como xénese.

Intérpretes:

Ethel Desdames, Lucia Marrodan, Marta Pieczul, , Ethel Desdames e Sara Miguelote

Dirección, Coreografia, Dramaturxia e Formación: Hugo Calhim Cristóvão & Joana von Mayer Trindade

Deseño de Luz: Luís Ribeiro

Vestiario: UN T

Escenografia: NuIsIs ZoBoP & UN T

Deseño de Son: João Oliveira & NuIsIs ZoBoP

Sonoplastia Paulo Costa & Nuisis Zobop

Teoria e Filosofia: Hugo Calhim Cristóvão, Joana von Mayer Trindade, Celeste Natário, Carlos Pimenta, Cláudia Marisa, Cristina Aguiar, Ezequiel Santos, Hugo Monteiro, Rui Lopo, Mário Correia, Nuno Matos Duarte, Elter Carlos Manuel, Chris Page, Afonso Becerra, Armando Nascimento Rosa, Madalena Xavier, Ana Coimbra Oliveira, Paulo Azevedo e Sofia Vilar Soares

Vídeo: Os Fredericos

Fotografia: Alípio Padilha e João Peixoto e José Caldeira

Produción Executiva: Cristina Aguiar & NuIsIs ZoBoP

Duración: 50 minutos

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Tamén che pode interesar...

  • “Voa, voa!”, de Talía Teatro

    “Voa, voa!”, de Talía Teatro (auditorio)

    Cando:

    31/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 27/03/2026 ata o 31/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión