Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tricicle, Bits

Bits: Posiblemente o último espectáculo de creación de Tricicle.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/03/2016 ata o 12/03/2016

Xa rematou

Horario:

Venres, 11 de marzo de 2016: 20:30 horas.

Sábado, 12 de marzo de 2016: 18:00 e 20:30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

 

Levan 35 anos enchendo teatros, o que se di pronto se non fose porque fan falta 35 anos para poder dicilo. Tricicle enche teatros, sen altibaixos, durante oito meses de cada ano. O seu público abarca todas as idades e condicións, esquecendo os seus prexuízos na porta para ‘simplemente' pasalo ben durante a función e pasalo ben lembrándoa, xa que moitos dos números de Tricicle convertéronse en memoria popular.

Tricicle presentou BITS no Teatro Principal de Alacante (o 24 de maio de 2012 tivo lugar a primeira función de BITS). Este pode ser o último espectáculo de creación de Tricicle porque eles non pensan eternizarse nos escenarios. Hai que ter en conta que hai BITS para longo: cada xira de Tricicle por España dura máis de catro anos e conta cun millón de espectadores fieis. Seguramente queda a porta aberta a algún espectáculo recompilatorio de gags exitosos para despedirse do seu público, pero faltan por diante máis de 4 anos para decidilo! Falamos de 'seguramente' e de 'posiblemente' porque xa é ben sabido que os artistas non acaban nunca de retirarse…

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión