Exposición de Alex Barros
Para público en xeral
Dende o 17/02/2017 ata o 16/03/2017
Xa rematou
Nacín en Madrid, pero o meu mar é galego.
O meu camiño vai por rúas, carreiros, praias, rochas, mares, festas, cancións... Teño cinco anos e báñome nunha poza co meu irmán, teño dez e entrégome á area en busca de cunchas, teño vinte e seis e comprendo que todas as cores do ceo son tamén as miñas vivencias, os meus recordos.
Un andar miudiño é o título que escollín para esta exposición, que se presenta como unha serie de paisaxes e escenas (todas sucedidas en Galicia). Elas conforman parte do meu camiño por estas terras, que se prolonga a través da miña vida desde a miña nenez. É un camiño que vou andando amodiño, pero de xeito continuo.
As miñas estancias en Galicia nunca duran máis dun mes, pero sempre están rodeadas dunha aura de calidez e natureza. Agora, de novo deixo Madrid e envólvome na paisaxe, o mar e as persoas que me rodean.
Alex Barros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible