Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Un lugar frío e solitario. as viaxes de scott & shackleton ao polo sur.

Os británicos Scott e Shackleton estaban chamados a conquistar a gloria dos grandes aventureiros do século XX. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/09/2022 ata o 16/09/2022

Xa rematou

Enderezo:

Dársena deportiva da Coruña. Peirao Arzobispo Gelmírez s/n. 15001

Con todo, as expedicións de ambos á Antártida acabaron en senllos fracasos. Ademais de sufrir a humillación de saber que o noruegués Amudsen chegara ao polo antes que el, Scott, e os catro homes que lle acompañaron, morreron conxelados en marzo de 1912. Os seus corpos foron achados oito meses despois.

En 1915, Shackleton partiu de Inglaterra, facendo escala en Vigo, co obxectivo de atravesar o Polo sur. Pero o Endurance quedou atrapado polo xeo e a tripulación tivo que abandonar o barco e sobrevivir durante meses ás xélidas temperaturas e a escaseza de alimentos. Aínda así Shackleton logrou salvar aos 27 homes da tripulación.

A pesar de non lograr o seu obxectivo, as dificultades polas que pasaron e os coñecementos científicos que achegaron sobre a Antártida convertéronos en auténticos heroes. Tanto que a súa fama ha ensombrecido a fazaña de Amudsen. Por primeira vez en España, e no ano en que se localizaron os restos do Endurance baixo as augas do mar de Weddell, veremos imaxes das dúas expedicións tomadas por dous grandes fotógrafos da época, Herbert Ponting e Frank Hurley. A mostra presenta unha combinación de paisaxes de impresionante beleza que contrastan coas fotografías das duras condicións de vida de ambas as tripulacións. Quizá nelas podamos atopar a resposta ao gran enigma. ¿Que é o que leva a unha persoa para lanzarse a unha aventura tan extrema?

Se vivísemos, debería contar a historia da audacia, resistencia e coraxe dos meus compañeiros.

Diario de Scott, uns días antes de morrer. Marzo 1912

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión