Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Universo 2 de Toya García Senra

O equipo de "Moret Art" ten o pracer de presentarlle o proxecto "Universo 2" da artista viguesa Toya García Senra. A exposición poderase gozar no noso espazo (r/ Uruguai, 1, baixo, 15004 A Coruña)

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/06/2016 ata o 31/08/2016

Xa rematou

Horario:

O horario de verán é de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h

Nesta mostra podemos descubrir o particular e prolífico momento creativo que vive Toya García Senra, no cal as emocións e os sentimentos así como as paixóns xogan, do mesmo xeito que en toda a súa traxectoria artística, un papel fundamental, pero sen esquecer o contexto e a sociedade complexa na que estamos inmersos hoxe en día.

Nas pezas que conforman esta exposición recoñecemos formas diversas que constitúen lugares comúns na súa traxectoria, como as siluetas negras impersoais e á vez en movemento, as paxariñas, os elementos naturais, os animais... Pero nesta ocasión Toya aproxímase nos acrílicos sobre táboa a un universo moito máis abstracto, algo que resulta significativo e destacable respecto da súa obra anterior. Todo realizado desde a coherencia, logrando unha estética moi persoal, que fai que as súas obras sexan perfectamente identificables e reconocibles, algo moi complexo de alcanzar e ao que aspira todo artista.

A través do seu característico onirismo cun punto naif e a forte explosión lúdica de cor tan importante no seu universo plástico, a artista convídanos a soñar espertos e a internarnos en mundos afastados da realidade onde todo é posible e o complexo parece transformarse en fácil ou fortuíto.

A técnica constitúe un alicerce fundamental das obras, pois resulta sorprendente o acabado brillante que imprime a resina nos acrílicos así como a novidade de materiais cos que traballa, como o metacrilato, o cartón e o arame que compoñen as súas colaxes.

 

Toya García Senra (Vigo, 1955) formouse na afamada Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Ademais de traballar con destacadas galerías galegas expuxo a súa obra en espazos internacionais como The Brick Lane Gallery en Londres, no Banco de Austria en Viena ou no Artist´s Open Studios Armony Arts Week en Nova York. A súa obra forma parte de prestixiosas institucións públicas e privadas, e recentemente realizou unha intervención para o impresionante establecemento Primark Gran Vía en Madrid, dentro dun ambicioso proxecto no que participaron outros destacados artistas nacionais seleccionados pola consultora internacional de moda O´ Shea & Moro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión