Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

UrbEx3

Co título UrbEx3, Exploración urbana, esta exposición fotográfica amosa tres propostas moi distintas que profundan no concepto do tempo; na Plataforma14 no Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/04/2016 ata o 06/05/2016

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 9.00 a 21.00h.
Sábados de 9.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Organiza:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Contacto:

Cmix, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña
Tel. 981 184 294
cmix@coruna.es 

Co título UrbEx3, Exploración urbana, esta exposición fotográfica amosa tres propostas moi distintas que profundan no concepto do tempo. Que sucede nun lugar cando se abandona? Que fai o tempo co espazo cando non hai ninguén para velo?

Olga Vázquez, Santiago Montero e Juan Carlos G. Franco son a/os autora/es das imaxes que nos convidan a transitar a través de casas, igrexas, fábricas, hospitais, espazos que foron de vida e hoxe de silencio. Son lugares abandonados, prohibidos, segredos, que desenvolven narrativas ocultas aos nosos ollos, enfocando unha evolución en desuso coa que nos contan unha nova historia.

O sábado 16 de abril ás 18:00h. a/os artistas farán o acto oficial de inauguración.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión