Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Vargtimmen de Ingmar Bergman

Nunha illa viven os Borg: Johan, que é pintor, e a súa muller Alma. Os seus veciños, os sinistros Von Merken, posúen un círculo de amizades tan arrepiante que Johan comeza a obsesionarse coa idea de que os demos o axexan.

A quen vai dirixido?:

NON RECOMENDADA A MENORES DE 13 ANOS.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/07/2015 ás 22:30

Xa rematou

Horario:

mércores 22.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados, 2 euros)

Organiza:

Javier Trigales.

Contacto:

981 184 293

A película de Bergman é un compendio das súas obsesións: as relacións tóxicas, o sufrimento da creación artística e o horror existencial. Pero ante todo é unha das películas máis aterradoras que se lembran: surrealismo e satanismo salpican as imaxes dun pesadelo cheo de personaxes grotescos e demoniacos. Unha experiencia inesquecible para o espectador

Director: Ingmar Bergman

Intérpretes: Berti Anderberg, Erland Josephson

Suecia, 1968 - 89 min

(V.O.S en castelán)

Formato: DVD

* Coloquio con Estíbaliz Espinosa: Escritora, músico, filóloga e socióloga de formación. Da súa curiosidade polos puntos comúns entre literatura e ciencia xorde a súa obra literaria, como o poemario Curiosidades. Escribe relatos, artigos, guións e tece redes desde a rede http://estibalizespinosa.com/ Obtivo varios premios e foi traducida a diversas linguas.

 

 

 

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión