Espectáculo de música e danza contemporánea.
Para público en xeral
24/10/2020
Xa rematou
20.30 h
* Prégase puntualidade. Non se permitirá o acceso ao teatro unha vez que comece a función.
Duración: 55 minutos + coloquio "actos da inercia"
10,00 €
Venda anticipada ata o día anterior ás 23.59 h: 8,00 €
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade
Javier Fernández Martín
Estrea deste espectáculo que xunta danza e música contemporánea a partir da retroalimentación entre movementos e sons. Incorporando en cada instrumento altofalantes de vibración, á vez que o bailarín leva un sistema de microfonía que funciona como sensor da acción. Estes elementos e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes permiten xerar sons orixinais que son froito da interacción. Instrumentos, músicos e bailarín acaban converténdose, todos eles, nun corpo ampliado que emite e recibe vibracións.
Dirección escénica e coreográfica: Javier Martín
Dirección musical: Ramón Souto (Vertixe Sonora)
Música: Pablo Coello (saxofón), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión), Anxo Faraldo (electrónica)
Movemento: Javier Martín
Iluminación: Octavio Mais
Produción: Sabela Mendoza
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de billetes Central de praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes Teatro Colón: aberto só días de función desde 2 horas antes (só se hai localidades dispoñibles)
Entidades

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible