Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«Viaxe ao centro do Aquarium»

Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/01/2025

Xa rematou

Inscricións:

As entradas poden adquirirse desde as 9.00 horas do 22 de xaneiro nesta ligazón.

Horario:

Sábado 25 de xaneiro de 2025, das 11.30 ás 13.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10,30 euros por persoa.

Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas pódense adquirir dende as 9.00 horas do mércores 22 de xaneiro nesta ligazón.

Requisitos:

O itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade, deseñada orixinalmente por Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae ata o seu falecemento en 2021, ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o 25 de xaneiro ás 11.30 horas.

Tamén che pode interesar...

  • Imagen primeira ruta: O camiño dos Faros

    Móvete con nós! Primeira ruta: o Camiño dos Faros

    Cando:

    25/10/2026

    Inscricións:

    Apertura de inscricións: venres 16 de outubro ás 10:00h. 

    ️ Inscricións e pagamento: Accede ao formulario de inscrición.️

  • Vista histórica da zona costeira da Coruña, con murallas de pedra sobre as rochas do litoral e varias edificacións ao fondo. A imaxe, en branco e negro, mostra o ábside da antiga igrexa e o tramo das defensas marítimas xunto ao mar.

    Ando na Coruña: o convento e a igrexa de San Francisco

    Cando:

    Dende o 04/11/2026 ata o 25/11/2026

    Programa:

    1ª sesión: contextualización e entrega do dossier elaborado pola biblioteca (4 de novembro ás 18.00 h)

    2ª sesión: visita guiada á igrexa de San Francisco (18 de novembro)

    3ª sesión: visita guiada ás ruínas do convento de San Francisco (25 de novembro)

    O horario das visitas concretarase na primeira sesión, en función das condicións meteorolóxicas.

    Inscricións:

    Dende o 28/10/2026 ata o 04/11/2026

    REQUISITOS

    Inscrición previa

    As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión