Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares
Persoas maiores de 16 anos
Para público en xeral
11/04/2026
Xa rematou
As entradas pódense adquirir dende as 9.00 horas do 8 de abril nesta ligazón.
Sábado 11 de abril de 2026, das 11.30 ás 13.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
12
10 euros por persoa.
Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.
As entradas pódense adquirir dende as 9.00 horas do 8 de abril nesta ligazón
O itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.
Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.
A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o sábado 11 de abril ás 11.30 horas.

15/05/2026

Dende o 11/05/2026 ata o 15/05/2026
Dende o 04/05/2026 ata o 09/05/2026
Inscrición presencial na biblioteca

15/05/2026

15/05/2026

15/05/2026

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible